El Muelle. Proveedor de Servicios de Internet

Otras subvenciones

En El Muelle tramitamos cualquier subvención dirigida a empresas o autónomos relacionada con las nuevas tecnologías de la información.

¿Qué tipo de subvenciones tramitamos?

  • Seguridad informática (copias de seguridad, antivirus, firewalls, etc.)
  • Vigilancia y seguridad (instalación y mantenimiento de equipos de seguridad, cámaras de vigilancia, etc.)
  • Diseño de páginas web, tiendas de comercio electrónico, etc.
  • Equipamiento informático, incorporación de las nuevas tecnologías al ámbito empresarial: equipos de sobremesa, portátiles, impresoras, multifunciones laser, etc.
  • Servidores de datos para copias, centralizar documentos e información, etc.
  • Cualquier otra subvención cuyo objeto principal subvencionable sean las nuevas tecnologías.

La tramitación es totalmente gratuita, el único compromiso que adquieres con nosotros es el de la compra del material siempre que se conceda la subvención solicitada.


Nosotros NOS ENCARGAMOS DE HACER TU CAMPAÑA DE PUBLICIDAD.

Nos encargamos del diseño del material: carteles, folletos, membretes para cartas de presentación.

Nos encargamos de la impresión del material.

Nos ponemos en contacto con las televisiones y prensa locales para planificar una campaña de publicidad.

Desarrollamos tu campaña de publicidad sin que tu tengas que preocuparte por la misma.

Si quieres mantenerte enterado de las subvenciones que salen publicadas puedes suscribirte cubriendo el formulario que aparece en el apartado de Subvenciones.

SUBVENCIONES PARA EMPRESA

Axudas para a Realización de Actuacións e Estratexias de Promoción e Internacionalización das Pemes Galegas
Vigencia desde: 01/07/2009 - 24/07/2009

A finalidade de esta subvención é incentivar o desenvolvemento de actuacións e estratexias de difusión, promoción, acceso a mercados e de apoio aos recursos humanos, xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas nos mercados de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

Destacamos de esta subveción a posibilidade de Asistir a ferias fuera de Galicia e a promoción de publidade da empresa en medios fóra de Galicia.

1. TIPOS DE APOIO

- Subvención en réxime de concorrencia competitiva.

- Réxime de axudas suxeito ao Regulamento relativo a axuda de minimis.

2. BENEFICIARIOS POTENCIAIS

Empresas privadas con domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia, xa sexan persoas físicas ou xurídicas. Non terán a condición de beneficiarios as seguintes empresas:

  • Aquelas que operan nos sectores da pesca e a acuicultura segundo se recolle no Regulamento (CE) nº 104/2000, do Consello.
  • Aquelas que operan na produción primaria dos produtos agrícolas que figuran na lista do anexo I do tratado.
  • Aquelas que operan na transformación e comercialización dos produtos agrícolas que figuran na lista do anexo I do tratado.
  • Aquelas cuxas actividades están relacionadas coa exportación a países terceiros ou Estados membros, é dicir, as axudas vinculadas directamente ás cantidades exportadas, á creación e funcionamento dunha rede de distribución ou a outros gastos de explotación vinculados á actividade exportadora.
  • Aquelas que condicionen a utilización de bens nacionais con preferencia sobre os bens importados.
  • As empresas activas no sector do carbón.
  • Aquelas que realicen por conta allea operacións de transporte de mercadorías por estrada e soliciten a adquisición de vehículos de transporte de mercadorías.
  • Aquelas que están en crise.

3. INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES

A) Actuacións de difusión:

  • 1. Actuacións de difusión e divulgación con fins promocionais realizadas a través de campañas ou insercións en medios de comunicación, sempre que a súa difusión se realice fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • 2. Actuacións de difusión e divulgación con fins promocionais realizadas a través da elaboración de material promocional como catálogos, folletos e similares, en calquera soporte, que conteñan información da empresa beneficiaria e que contribúan á divulgación e coñecemento dos seus produtos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

    Gastos subvencionables: deseño, elaboración, edición, tradución e, se é o caso, a inserción.

B) Actuacións de promoción:

  • 1. Participación en feiras, desfiles, certames e outros eventos expositivos sectoriais de carácter profesional que se celebren fóra do ámbito da comunidade galega.

    Gastos subvencionables: alugamento de espazos e servizos, construcción, montaxe e decoración de expositores, transporte do material de exposición, a inscrición e o seguro obrigatorio; a inserción no catálogo da feira; o estilismo; a fotografía; modelos; os traballos de gabinetes de comunicación específicos para o evento e, cando se trate de asistencia a feiras e eventos no estranxeiro, a contratación de intérpretes.

  • 2. Actuacións de promoción a través de oficinas permanentes de promoción, espazos e salas de exhibición localizados fóra de Galicia nos mercados estatais e internacionais, de cara a favorecer a promoción a través de exposicións permanententes.

    Gastos subvencionables: alugueres de oficinas e outros espazos, así como os traballos de gabinetes de comunicación específicos para estas actuacións. Con respecto aos espazos, tamén será subvencionable o seu deseño, a súa construción e decoración.

C) Actuacións de acceso a mercados:

  • 1) Acceso aos mercados externos a Galicia (estatais e internacionais) a través do desenvolvemento dunha estratexia de expansión dunha marca: elaboración dun proxecto de expansión de marca dirixida aos mercados de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, como vía de acceso, comunicación e fidelización; así como a materialización dos acordos con terceiros.

    Gastos subvencionables:

    - Os gastos de consultoría externa e asistencia técnica que engloben o desenvolvemento dos traballos necesarios para a elaboración do proxecto, tales como a análise e definición de:

    . Viabilidade técnica, produtiva, comercial e económico-financeira do proxecto.

    . Requirimentos técnicos, comerciais ou loxísticos.

    . Busca e localización de aliados estratéxicos.

    - Gastos de asesoramento xurídico e legal que deriven da elaboración do proxecto.

    - Os gastos de rexistro e notariais que deriven da formalización de acordos.

    - Para o caso de proxectos elaborados con anterioridade á publicación desta orde, subvencionaranse unicamente os gastos de rexistro, notariais e de asesoramento, sempre e cando estean debidamente xustificados na memoria presentada polo solicitante.

  • Acceso aos mercados internacionais a través da realización dunha estratexia de licenza de marca: elaboración dun proxecto que englobe o estudo de novas liñas de negocio amparadas en licenzas de marca orientadas ao acceso aos mercados internacionais así como a materialización dos acordos con terceiros. Os solicitantes terán que ser os titulares das devanditas marcas.

    Gastos subvencionables:

    - Os gastos de consultoría externa e asistencia técnica que engloben o desenvolvemento dos traballos necesarios para a elaboración do proxecto, tales como a análise e definición de:

    . Viabilidade técnica, produtiva, comercial e económico-financeira do proxecto.

    . Requirimentos técnicos, comerciais ou loxísticos.

    . Busca e localización de aliados estratéxicos.

    - Gastos de asesoramento xurídico e legal que deriven da elaboración do proxecto.

    - Os gastos de rexistro e notariais que deriven da formalización de acordos.

    - Para o caso de proxectos elaborados con anterioridade á publicación desta orde, subvencionaranse unicamente os gastos de rexistro, notariais e de asesoramento, sempre e cando estean debidamente xustificados na memoria presentada polo solicitante.

    En todo caso, para que os gastos sexan subvencionables, faise necesario achegar o proxecto de referencia na fase de xustificación.

  • 3) Acceso aos mercados estatais e internacionais a través do deseño de estratexias adaptadas á empresa: elaboración de plans estratéxicos e/ou estudos de:

    - Mercado.

    - Loxística.

    - Abastecemento de materias primas e produtos intermedios.

    - Requirimentos técnicos e comerciais.

    - Cooperación.

    - Mercadotecnia internacional.

    - Implantación exterior, tanto comercial como produtiva.

    Gastos subvencionables:

    - Os gastos de consultoría externa que engloben o desenvolvemento dos traballos necesarios para a elaboración do plan e/ou estudo.

    - Subvención máxima total por esta actuación e por solicitante: non poderá superar os 15.000 euros.

  • 4) Acceso aos mercados internacionais a través de participación en licitacións públicas internacionais.

    Gastos subvencionables:

    - Será subvencionable a asistencia técnica para a preparación e presentación de ofertas a licitacións e concursos convocados por institucións financeiras multilaterais para países de fóra da Unión Europea, incluídos os gastos de tradución.

D) Actuacións de apoio aos recursos humanos: xestores de comercio exterior.

As axudas destinaranse a favorecer os procesos de internacionalización daquelas empresas galegas que polo seu tamaño ou forma organizativa non dispoñan de persoal propio dedicado exclusivamente ás tarefas de internacionalización e, deste xeito, poidan obter os servizos profesionais que as axuden a elaborar e executar a súa propia estratexia de comercialización exterior. As axudas irán encamiñadas á contratación de servizos para a internacionalización da empresa.

Gastos subvencionables:

- Serán subvencionables os servizos de asesoramento para a creación dun departamento de comercio exterior na empresa, efectuado a través dun xestor de comercio exterior que desenvolverá o seu traballo na empresa beneficiaria. É requisito imprescindible para acceder á subvención que o xestor proposto pola empresa que preste o servizo de asesoramento dispoña dalgún dos seguintes títulos: máster de dirección e xestión en comercio exterior, especialista en consultoría internacional ou outros similares; ou ter sido bolseiro do Foexga, do ICEX ou do Igape.

- Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados entre o 1 de xaneiro de 2009 e a data límite de xustificación ( 4 de decembro de 2009), coa excepción dos gastos efectuados no 2008 exixidos en concepto de anticipo para a participación en eventos expositivos do 2009. Todos os investimentos deberán estar plenamente realizados, operativos e verificables na data límite de xustificación do proxecto.

3. CONTÍA DAS AXUDAS

Baixo esta convocatoria, en ningún caso poderá concederse a un mesmo solicitante unha subvención por máis de 70.000 euros nin superior ao 50% do investimento subvencionable.

4. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG ata o 24 de xullo de 2009, ambos os dous inclusive.

5. INCOMPATIBILIDADES

O importe da subvención en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o 100% do custo total da actividade que vai desenvolver o beneficiario.

6. REFERENCIA LEXISLATIVA

Orde do 18 de xuño de 2009 (DOG Nº122 do 24/06/2009) - Bases reguladoras e convocatoria 2009.

Volver

Soporte | Diseño | Subvenciones | Otros servicios | Noticias | Empresa | Contactar | Catalogo web | Legal

Certificación ISO 27001 de Seguridad de la Información de El Muelle Proyecto CERTIFICATIC - Expediente TSI-020514-2009-11. Proyecto de certificación cofinanciado por el Ministerio de Industria, Turismo y Comercio, dentro del Plan Nacional de Investigación científica, Desarrollo e Innovación Tecnológica 2008-2011